Outro día atrapado nesta vida
Tranqui que hoxe todo ha sair ben
Un yogur, colacao, sertralina
Cambia a cara, ponte ben
Polo menos teño á miña Iri
Un motivo pa seguir en pé...
Xuro que aínda que me leve o demo de aquí
Eu non vou a volver a caer
E non sei por qué sigo xurando
Si do chan xa non podo caer
Miro ó ceo buscando respostas
Como si del me foran chover
No teito solo vexo humidade
Vou ter que quitar o gotelé...
Teño a miña moza, teño a miña irmá
Teño a miña amiga e máis teño un can
Moito máis que moitos, no podo negar
Pero neste punto eu quero máis
Un traballo que me dignifique
Saber que os meus están ben
Poder aportarlles cariño
Poder sentirme eu ben
9 a 5 morrendo por dentro neno
Para despois poder ser artista
Non sei si en verdade paga a pena
Pero hoxe erguinme optimista
Escoitei a meu pai decíndome
Que seguise que el sempre estaría
Pero por sorte nada foi real
Esto solo era outra pesadilla